Aclunia, a asesoría do centro da Coruña

Tal e como amosa o apartado “¿Por qué Aclunia?”, o espírito de Aclunia está vencellado á nosa cidade e á nosa terra; e o feito de te-la nosa oficina no mesmo centro da cidade da Coruña é a demostración palpable diso.

 

A nosa oficina está, coma dicimos, no mesmo centro da cidade, ó lado do obelisco, moi preto de onde no século XIX se atopaba a “Cova Céltica” na cal naceu o movemento que foi chamado “Rexurdimento”, o lugar onde Manuel Murguía, Eduardo Pondal, e mesmo Rosalía de Castro estaban neses tempos; e moi próximos igualmente á casa onde Antón Vilar Ponte creou as “Irmandades da Fala”.

 

Estamos ó lado da casa onde morreu Sir John Moore polas feridas sufridas na batalla de Elviña durante a Guerra de Independencia, lugar senlleiro do acontecido durante a devandita guerra nos principios do século XIX.

 

Preto da Rúa Real, próximos ó Pazo de María Pita, onde está a sede do Concello da Coruña e onde tivo por moitos anos a súa sede a Real Academia Galega; do mesmo xeito estamos situados na proximidade da actual Subdelegación do Goberno e antigo Goberno Civil.

 

E para rematar estamos nas proximidades do Pazo donde está a sede da Deputación da Coruña e ó lado do Porto da Coruña, a bandeira do cal é a que da lugar á bandeira galega.

 

É complexo atopar máis demostracións do vencello á historia, e á idiosincrasia dunha terra e dunha cidade. É por iso que, coma dicimos no título, nós somos “A Asesoría do centro da Coruña”, xa que ahí estamos, ahí sentimos e por elo traballamos.

 

Xa sexas un emprendedor, unha empresa, un particular, ou unha comunidade de veciños, podes contar con nós xa que simplemente somos un veciño máis da nosa cidade, nin máis nin menos. Somos de aquí e estamos dispostos a axuda-los nosos clientes.

Compartir:

Más noticias

Mensaje enviado correctamente

Nos pondremos en contacto contigo lo antes posible.

Recibe un cordial saludo del equipo de ACLUNIA ASESORES.