Medidas urxentes para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017

ACTUALIZACIÓN (30 de outubro de 2018)

O DOGA publicou o día 30 de outubro a ORDE conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.

PLAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 1 mes desde a súa publicación, é decir, ata o 30 de novembro do presente. A solicitude das axudas deberá presentarse obligatoriamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal.)


Logo do informe da Axencia Galega de Emerxecia, e trálos importantes incendios que asolaron o territorio da nosa Comunidade Autónoma, declárase como de natureza catastrófica. Como consecuencia do anterior, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto 102/2017, de 19 de outubro, con entrada en vigor o mesmo día da súa publicación, polo cal se establece un lote de medidas de urxencia de axudas para a reparación de danos causados polos incendios ocurridos neste mes de outubro, co fin de atender as situacións de necesidade en que se puidesen atopar os colectivos directamente afectados, e mesmo contribúan a restaura-los valores naturais e reactivar a actividade económica das zonas afectadas.

A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado de que poidan ser beneficiarios os afectados. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nese decreto concederanse con carácter de complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou da contía ou porcentaxe deste que se fixe nas correspondentes convocatorias.

BENEFICIARIOS

Poderán solicitar as axudas, os seguintes beneficiarios:

  • As persoas físicas propietarias ou usufructuarias de vivendas que sufrisen danos que afecten tanto o inmoble como o enxoval doméstico.
  • Os titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísiticos en que se producisen danos derivados directamente dos incendios.
  • Os titulares de explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, polos danos e perdas derivados directamente dos incendios, así como os titulares de maquinaria afectada polos incendios forestais.
  • As entidades locais, para facer fronte aos gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e aos danos causados nos bens e dereitos de titularidade municipal polos incendios.
  • As confrarías de pescadores polos danos nos bancos marisqueiros derivados dos incendios.
  • As asociación, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalación derivados dos incendios.

PRAZOS

Cómpre sinalar, que o Decreto 102/2017, establece que, os prazos de presentación de solicitudes <<determinanse nas disposicións que se diten en desenvolvemento do precitado decreto.>>.

AXUDAS POR DANOS PERSOAIS

Coa finalide de paliar os danos persoais que teñan a súa causa nos incendios aos que se refire o decreto e sempre que, como resultado das investigación iniciadas, se determine a existencia de intencionalidade, concederanse axudas por falecemento, por incapacidade absoluta e por lesións que motiven a hospitalización da persoa ferida. O importe desta axuda será para o caso de falecemento e incapacidade permanente absoluta de ata 75.000 euros, e de entre 60 e 103 euros por día de hospitaliación, sen que en ningún caso poidan superarse as contías que resultan de aplicar o sistema para a valoración dos danos e perdas causados ás personas en accidentes de circulación (Baremo) recollido no texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de outubro.

AXUDAS PARA A REPOSICIÓN DE INFRAESTRUCTURAS E EQUIPAMENTOS PRIVADOS DANADOS.

Será obxecto de axuda a reparación dos danos causados polos incendios nas pistas forestais, captación de augas, cerramentos e os seus complementos, bebedoiros e comedeiros. Así mesmo, será obxecto de axuda a reparación dos danos causados na maquinaria e equipamento agrícola ou forestal ocasionados en tarefas de colaboración nos labores de extinción de incendios forestais, na medida en que non fose cuberta pola Administración Xeral do Estado.

Poderán ser obxecto de axuda, aquelas plantación privadas nas condicións que se establezan, así como aqueles amoreamentos de madeira cortada afectada polos indencios forestais.

AXUDAS POLOS DANOS CAUSADOS EN VIVENDAS E ENXOVAL DOMÉSTICO.

Serán obxeto de axuda os danos causados polos incendios sinalados anteriormente na vivenda que constitúa a residencia permanente e habitual dos seus moradores e nas súas instalación complementarias, na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarios os afectados, e polo importe correspondente ata cubir como máximo o 100% do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe de dita axuda, en conxunto, poida superar o límite do 75% do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade.

Serán obxeto de axuda os danos causados no resto das vivendas ata acadar o 40% do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe importe da dita axuda poida superar o 40% do 75% do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeran na mesma localidade. As vivendas deberán dedicarse, polo menos, a vivenda ocasional, e quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas e as que estean en manifesto abandono.

Entenderáse por vivenda as construcións anexas e instalación complementarias e elementos comúns no caso de comunidades de propietarios. Como instacións complementarias entenderanse as construcción e equipamentos de apoio á economía e a vida familiar tales como pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsimo, instalacións eléctricas e de iluminación, instalación de telecomunicacións, etc. Sempre cando están situados no mesmo predio da vivenda. No mesmo sentido entenderase como construción ou instalación complementaria o cerramento preexistente do predio en que está a vivenda. En calquera caso, o importe máximo de axudas polo concepto de danos en instalacións complementarias non poderá ser superior a 3.000 euros.

Serán obxeto de axuda os danos sufridos no exoval doméstico de primeira necesidade cando no estivesen incluídos nas axudas para o mesmo efecto puidesen aprobar outras administración. O importe da axuda será de ata o 100% ou de ata o 40% dos gastos de reparación ou reposición en función de que o enxoval sexa o da vivenda habitual ou permanente ou o da vivenda ocasional, respectivamente.

AXUDAS POR DANOS SUFRIDOS EN ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, INDUSTRIAIS, TURÍSTICOS E MERCANTÍS.

Serán obxecto de axuda os danos provocados nos establecementos precitados como consecuencia dos estragos ocaionados polos incendios nas súas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías nelas depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades. Quedarán excluídos da percepción destas axudas as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

AXUDAS POR DANOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS OU GANDEIRAS.

Respectando os criterios establecidos por Unión Europea nas Directrices comunitarias sobre axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais de 2014 a 2020, os titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras que sufrisen perdas da súa producción por mor dos incendios, poderán ser beneficiarios das axudas polos danos sufridos nas explotacións que están situados no ámbito xeográfico dos lugares afectados polos incendios na Comunidade Autónoma de Galicia.

AXUDAS ÁS ENTIDADES LOCAIS

Serán obxecto de axudas os gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e os danos causados nos bens de titularidade municipal prexudicados polos incendios. Estas axudas terán carácter complementario ás que sexan aprobadas por outras administracións. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia propiciará a subscrición co resto das administracións públicas e coas entidades colaboradoras dos convenios de colaboración que exixa a aplicación do decreto con vistas ao cofinanciamento das actuacións.

FINANCIAMENTO

As axudas públicas reguladas neste decreto financiaranse con cargo aos orzamentos das respectivas consellerías afectadas. Para estes efectos realizaranse, de ser o caso as modificación de crédito que sexan necesarias.

É de reseñar que, o precitado decreto, subordina a concesión das axudas <<á existencia de crédito adecuado e suficiente>>.

A disposición adicional primeira establece que as axudas para a resposición de infraestructuras e equipamentos privados danados, as axudas por danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos emercantís, así como as axudas por danos nas explotacións agrarias ou gandeiras, estarán en todo caso <<condicionado a que exista normativa comunitaria que habilite as ditas axudas ou que, de ser o caso, os órganos competentes da Unión Europea adopten unha decisión de non formular obxeccións ou declaren a subvención compatible co mercado común e nos termos en que a dita declaración se realice, aspecto este que deberá constar no acto administrativo de concesión.>>

A disposición adicional segunda, faculta á Consellería de Medio Rural para que no ámbito das súas competencias poida realizar directamente actuacións de reparación, restauración ou mitigación dos danos e efectos causados polos incendios forestais, en montes veciñais, montes de varas ou Sociedades forestais (SOFOR). Ditas actuacións tamén se poderán realizar en terreos particulares cando a súa eficada exceda os límites das parcelas.

Ditas actuacións, entre outras, poderanse referir á mellora de pistas e outras infraestructuras forestais de transporte, captación de auga e evacuación de aguas de escorremento. Así mesmo, en actuacións de reparación e reposición de peches gandeiros e as súas instalación complementarias afectadas polos incendios, así como a realización daqueles peches alternativos para soster o gando afectado, e a subministración de palla para o mantenemento do gando afectado. Son tamén actuacións elixibles aquelas orientadas á restauración do potencial forestal, incluíndo as sementeiras rexenerativas, acción de consolidación de solos queimados, eliminación de mandeira queimada non comercial ou novas plantacións substitutorias.

A disposición adicional terceira facúlta á Consellería de Infraestructuras e Vivienda, a través do IGVS, para que dentro do ámbito das súas competencias poida contribuír a sufragar os gastos que orixine o aloxamento provisional daquelas persoas que, como consecuencia da acción dos lumes teñan que abandonar temporalmente as súas vivendas e, se é o caso, mentres se efectúen as obras de reparación.

A dispoisción derradeira primeira faculta ós diferentes titulares das consellerías e das entidades do sector público para que, no ámbito da súas competencias, dicten as disposición nencesarias para o desenvolvemento do decreto, adoptando as medias necesarias para a súa aplicación.

  • Axudas por danos personais, Consellería de Facenda.
  • Axudas para a reposición de infraestructuras e equipamentos privados danados, Consellería de Medio Rural.
  • Axudas por danos causados en viviendas e instalación complementarias, Instituto Galego de Vivenda e Solo.
  • Axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís incluídos no seu ámbito competencial, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ou a Axencia Turismo de Galicia.
  • Axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, a Consellería de Medio Rural.

Asimesmo, facúltase á Consellería de Facenda para adoptar as mediadas financeiras e orzamentarias orientadas a facer fronte ás situación de carácter extraordinario derivadas dos incendios durante o mes de outubro de 2017 no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, que adopte a Xunta de Galicia para a reparación dos danos causados.


INFORMACIÓN ADICIONAL

  • DECRETO 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.

images

Compartir:

Más noticias

Mensaje enviado correctamente

Nos pondremos en contacto contigo lo antes posible.

Recibe un cordial saludo del equipo de ACLUNIA ASESORES.